Mércores, Decembro 4

Inscrición aberta no XV Descenso a pé do río Belelle

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Club Montaña Ferrol abre inscricións para o XV Descenso a pé do río Belelle no que colabora o Concello de Neda. Terá lugar o 30 de abril e o noso municipio será punto de partida dos autocares con destino á parroquia de Goente, en As Pontes. De alí iniciarase o percorrido. 30 kms pola beira do río Belelle ao seu paso polos concellos de As Pontes, A Capela, Fene e Neda para descubrir un territorio único. O descenso, de dificultade media, diríxese a veciños e veciñas de 18 anos en adiante -e de 16 con autorización de pai/nai ou titor legal-.

O Club Montaña facilita o rexistro online, pero se prefires facelo presencial, podes formalizalo no centro cívico de Neda, de luns a venres de 9:15 a 12:15 e de 17 a 20 h. O custe é de 20 euros en xeral e de 15 para socios/as do clube e veciños/as da localidade (bus, avituallamento e seguro).

+INFO E INSCRICIÓNS ONLINE: https://cutt.ly/MD7XxJQ

Share.

Comments are closed.