Domingo, Novembro 3

Inscrición aberta no último percorrido do programa “Descubrindo Neda”: Circular por San Pedro de Anca

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda informa da apertura do prazo para anotarse no último dos percorridos guiados do programa turístico “Descubrindo Neda”, unha ruta Circular por San Pedro de Anca, con saída da igrexa o mércores 20 de outubro ás 17 h. As prazas están limitadas a 20, e persoas interesadas en tomar parte deben chamar a partir de mañá xoves ao 682 623 335 (en horario de 10,30 a 15 h). A participación é gratuíta.

A través desta ruta, guiada pola técnica de Turismo, Victoria Fornos, partirase da igrexa nova para visitar despois a antiga, Nosa Señora dos Remedios, que a pesar de ser do século XVIII, conta no seu interior con restos anteriores que reponden a unha construción previa que se relaciona coa familia dos Andrade. Moi preto está o que podería ser o conxunto de fonte e lavadoiro dos Galanos, que podería ser o máis antigo de toda Neda. A ruta continuará por pistas rodeadas de vexetación e unha última subida levará ás persoas participantes ata un camiño de terra polo que a expedición retornará ao punto inicial.

Share.

Comments are closed.