Inscrición aberta no Obradoiro Dixital dirixido á mocidade que impulsan os concellos de Fene, Mugardos e Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Celebrarase o día 28 de xuño, de 11 a 13 horas, na casa da cultura de Fene

Neda, 17 de xuño de 2021. Os concellos de Fene, Mugardos e Neda impulsan conxuntamente unha nova acción formativa dirixida á mocidade. Neste caso, un Obradoiro Dixital para rapaces e rapazas de 12 anos en adiante. Celebrarase no salón de actos da casa da cultura fenesa o 28 de xuño en horario de 11 a 13 horas, e a inscrición está aberta no correo servizos.sociais@fene.gal (ata o 25 de xuño). As prazas son limitadas e concederanse por orde de inscrición. As persoas interesadas na acción tamén teñen á súa disposición os teléfonos 981 39 02 33 (Neda) e 981 34 26 07 (Fene).
Entre os contidos a abordar: como navegar por Internet, usar as redes sociais e aprender desfrutando do mundo dixital dunha maneira libre, segura e igualitaria. A acción formativa inclúese no Plan de Promoción da Saúde e Prevención de condutas aditivas dentro do convenio subscrito entre os tres concellos, e coa colaboración da Consellería de Sanidade.

Share.

Comments are closed.