Domingo, Novembro 10

Hoxe sábado abre as súas portas a piscina municipal de Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Cun día de retraso respecto ao calendario inicialmente previsto, e unha vez resolta a avaría de última hora xurdida, hoxe sábado, 29 de xuño, abre as súas portas a piscina municipal. A tempada de baño arranca a última fin de semana do mes, e estenderase ata o día 6 de setembro. As instalacións, situadas na contorna dos Subarreiros, abrirán todos os días da semana, incluídos festivos.

A instalación deportiva e de lecer estará operativa de luns a venres, de 15.30 a 20.30 horas, xa que polas mañás a piscina albergará outras actividades como os campamentos acuáticos. Os sábados, domingos e festivos, o horario será de 15:00 a 20:30 horas.

O custo da entrada será de 1,5 euros para nenos/as de ata 14 anos, e de 3 euros de aí en adiante. Así mesmo, o Concello ofrece a posibilidade de expedir bonos de tempada co que o acceso sae máis económico.

Así na propia piscina poderanse conseguir o bono infantil, destinado a nenos/as de ata 14 anos, por 15 euros; e o de adultos (persoas de 15 anos en diante) por 21 euros. Mentres o bono familiar tramitarase na Casa do Concello. Haberá que presentar esta solicitude debidamente cuberta xunto a unha copia do Libro de familia e o xustificante do pagamento na conta municipal. O prezo para catro integrantes será de 36 euros, sumándose outros 3 euros por cada membro a maiores.

Solicitude bono familiar piscina 2024

Share.

Comments are closed.