Mércores, Decembro 4

HORARIOS RETIRADA CHIP E DORSAL XXXV MEMORIAL ADOLFO ROS

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Os concellos de Neda, Fene, Ferrol e Narón lembran ós e ás atletas participantes este domingo no XXXV Memorial Adolfo Ros Volta á Ría que poden retirar chip e dorsal dende hoxe no Centro Cívico de Neda, nos seguintes horarios:

-Hoxe, venres 10 de decembro, de 16:00 a 19:00 h

-Sábado, 11 de decembro, de 10:00 a 12:00 h

-Domingo, 12 de decembro, de 9:00 a 9:30 h

Para a entrega do dorsal, será imprescindible amosar o certificado de vacinación COVID ou aportar o certificado da realización dun test de antíxenos ou PCR negativo cunha antelación máxima de 72 horas á celebración da proba ou ben aportar certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19 nun período comprendido entre os 11 e os 180 días anteriores a celebración da proba. Calquera destas tres condicións deberá ser amosada á organización no momento da recollida do dorsal

Share.

Comments are closed.