Este xoves comeza o prazo de presentación candidaturas para a XXIII Gala do Deporte de Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Neda distinguirá no mes de xuño aos mellores deportistas da localidade. O goberno local, que vén de iniciar os preparativos da XXIII Gala do Deporte Concello de Neda, buscará, por segundo ano, a participación do sector. E así, abre mañá o prazo para que a título individual, a través de clubs ou federacións se poidan presentar candidaturas.

A administración local premiará ao mellor ou á mellor deportista da localidade, en función dos resultados obtidos durante a tempada 2023-2024. Poderán optar deportistas residentes no municipio ou con algún tipo de vínculo coa localidade (persoal, laboral, familiar, de nacemento ou deportiva). En calquera caso, só se valorará a deportistas federados/as.

Na cita deportiva galardoarase ademais ás mellores promesas masculina e feminina (menores de idade con opcións a converterse en grandes deportistas). E poderá haber mencións especiais para “equipos, adestradores, directivos, entidades públicas ou privadas, e agrupacións” que destaquen polo seu labor en canto á promoción, ao apoio, e ao desenvolvemento do deporte.

Dende este xoves e ata o 30 de maio, calquera persoa física ou xurídica, asociación, centro educativo, organismo ou entidade pública ou privada, relacionada coa actividade física e co deporte en Neda, poderá facer as súas propostas de candidatos/as, acompañándoas de información dos méritos que concorren, a través do rexistro xeral do Concello, na Sede electrónica Municipal ou deforma presencial na Casa do Concello.

As bases do proceso e o modelo oficial para presentar as candidaturas poden descarrgarse baixo estas liñas. Os propoñentes deberán enviar ademais dúas fotos dos seus candidatos/as ao correo electrónico: escolasneda@gmail.com  ou ben correo@neda.gal. Un xurado, nomeado polo goberno local, será o que ditamine.

BASES GALA DEPORTE 2025 E MODELO DE SOLICITUDE

Share.

Comments are closed.