Sábado, Xaneiro 18

Finalizan as obras de pavimentación de camiños na zona do río Castro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda da por finalizadas as obras de acondicionamento dos camiños das Barreiras, Os Tortos e Riocobo tras rematar os últimos traballos de sinalización horizontal. Contemplaron o aglomerado dos tres viais municipais que, ata ese momento, presentaban firmes pavimentados por medio de regos asfálticos en avanzado estado de deterioro.

As intervencións, nas que se investiron algo máis de 80.000 euros, financiáronse con fondos propios, e requiriron de diferentes autorizacións sectoriais ante Augas de Galicia e a Axencia Galega de Infraestruturas

Share.

Comments are closed.