Mércores, Abril 23

Neda celebrará o martes de entroido cunha festa infantil e coa queima do meco

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda completa a programación de lecer do Entroido 2025, que arrinca este venres co festival de comparsas, cunha gran Festa Infantil e coa tradicional queima do meco. Estas dúas propostas chegarán o martes 4 de marzo, xornada festiva no municipio.

Os máis pequenos da casa volverán ser protagonistas das celebracións. E contarán ademais cunha cita específica, deseñada para que desfruten ao máximo destas datas especiais. O encontro, cunha chea de actividades e entrada libre, celebrarase no pavillón municipal Ale de Paz.

A partir das 17 horas o espazo deportivo abrirá as súas portas para recibir ás familias. E os nenos e nenas, ataviados cos seus disfraces, poderán desfrutar de distintos inchables, do espectáculo de cantabaila e de obradoiros de maquillaxe e de chapas. Todo de balde.

A partir das 19:30 horas, e animado por Retumbatuke Percusión, está previsto a saída do desfile de disfraces dende o pavillón ata Os Subarreiros. E neste punto, tras a lectura do testamento, a cargo do alumnado da escola municipal de teatro infantil, terá lugar a queima do meco. Desta volta, será creación do artista local Carlos García.

Máis actividades

Con todo, non será o punto final das festas en Neda. De feito, o domingo 9 de marzo terá lugar, de novo no pavillón municipal, o Cocido interxeracional do Entroido. Finalmente, o venres 14, o centro cívico acollerá a merenda-baile dos maiores. O prazo para inscribirse nestas actividade está aberto na oficina dos Servizos Sociais.

Share.

Comments are closed.