Con motivo das vindeiras eleccións municipais do 28 de maio, exponse ao público o censo electoral ata o 17 de abril e mediante consulta informática, a realizar polo propio interesado nas oficinas municipais da casa consistorial en horario de 9 a 14 horas de luns a venres; na sede electrónica do Instituto Nacional de Estatística, e na delegación provincial do INE na Coruña. Así, poderán nese periodo comprobar a súa correcta inscrición nas listas de votación e no seu caso facer as reclamacións oportunas.
Así mesmo, tamén está a disposición da veciñanza o número de teléfono da Oficina do Censo Electoral 900 343 232 (gratuíto) e o 981 21 74 39
Ademais, no Boletín Oficial da Provincia de hoxe publícanse as seccións, mesas e locais electorais, e na web municipal, as correspondentes a Neda