A agrupación Agujas, Hilos y Dedales abre ao público este venres, 22 de novembro, na Casa das Palmeiras a súa tradicional exposición de labores artesanais. Trátase dunha mostra na que se exhibirá ao público unha selección dos traballos realizados por estas veciñas de Neda ao longo do último ano.
Dende o mañá e ata o domingo 24, en horario de mañá e de tarde, as persoas que se acheguen ao equipamento cultural poderán observar a variedade e calidade de innumerables pezas artesanais, obra das integrantes de este grupo de mulleres que se xuntan semanalmente no centro cívico de Neda.
Na exposición, destinada a pór en valor o esforzo e habilidade destas veciñas, haberá traballos de bordado, de gancho, de calceta… Poderá visitarse de 11 a 13 e de 17 a 20 horas.