Martes, Decembro 3

Exposición da I edición do Concurso de Fotografía Dixital O Camiño Inglés na Casa das Palmeiras de Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Casa das Palmeiras de Neda acollerá ata o vindeiro 16 de agosto unha mostra con 21 das 112 imaxes presentadas ao primeiro Concurso de Fotografía Dixital “O Camiño Inglés”, convocado pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Asociación de Promoción do Camiño Inglés. O seu presidente, Manuel Mirás; o alcalde, Ángel Alvariño, e o escritor Vicente Araguas inauguraban esta mañá a exposición, que poderá visitarse de luns a venres en horario de 12 a 14 h.

O primeiro premio foi para Julián Medina, pola imaxe “Añoranza do Camiño”; o segundo recaeu en Susana Fontenla, por “Unha ponte máxica”; e o terceiro para Nuno Días, por “Neblina”. A fotografía máis votada a través das redes foi Ultreia! Suseia!, de Marta C. Romeo.

As imaxes do certame, co que se buscaba aumentar a visibilidade de todos os bens patrimoniais e paisaxísticos da ruta xacobea, conforman unha mostra itinerante que visita os distintos municipios que integran a Asociación de Concellos do Camiño Inglés.

Share.

Comments are closed.