Mércores, Abril 23

A biblioteca de Neda acolle este venres un encontro literario co escritor Pablo J. Rañales

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

No marco da programación especial con motivo do Día do Libro, a Biblioteca municipal de Neda acolle este venres, 11 de abril, un encontro co xornalista e escritor mugardés Pablo J. Rañales. A cita co autor de Os afogados será ás 18.30 horas.

Nesta visita ao espazo cultural nedense, Rañales (Mugardos, 1999) fará repaso da súa obra, que inclúe, ademais de diversos relatos recollidos en obras colectivas, a novela fantástica Siervos de tinta, e as máis recentes En la chepa del busero, coa que se adentra no realismo máxico, e Os afogados, obra de ciencia ficción en galego.

Precisamente con este último título, unha distopía que leva á reflexión sobre as relacións humanas, a contorna e o medio ambiente, gañou o Premio Illa Nova de Narrativa 2023, que concede Editorial Galaxia para abrir un camiño a quen está comezando no mundo da creación literaria.

Durante o encontro, o escritor falará ademais da súa forma de escribir, das súas influencias, e atenderá ás preguntas que formulen os lectores e lectoras que se queiran achegar á biblioteca, en cuxo catálogo se poden atopar varias das obras do escritor.

Share.

Comments are closed.