Luns, Novembro 29

En marcha a iniciativa solidaria Neda con La Palma

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Baixo o lema “Neda con La Palma”, o Concello vén de abrir unha conta solidaria coa illa. Unha iniciativa coa que a Administración local quere sumarse aos frontes de axuda abertos, implicando tamén á veciñanza do municipio e de todo aquel que desexe colaborar. Así, por cada donativo de 5 euros que as persoas sumen na conta, o Concello entregaralles unha pulseira solidaria co lema da campaña. Para iso, unha vez feito o ingreso, deben presentar o xustificante na casa consistorial (no departamento de Servizos Sociais ou oficinas xerais), e recibirán o distintivo.

A conta aberta na oficina de Abanca na localidade é esta: ES29 2080 0216 9431 1000 0180, e o prazo para realizar os donativos manterase aberto ata o 15 de decembro. O Concello vén de contactar co Cabildo insular para trasdarlle a iniciativa e solicitarlle o número de conta no que realizar a recadación unha vez concluída. Deste xeito, os fondos pasarán directamente do Concello de Neda á administración canaria, que decidirá o destino segundo as necesidades máis acuciantes nese momento.

Por último, o Concello de Neda anima a veciños e veciñas a sumarse á iniciativa solidaria con este sinxelo xesto.

Share.

Comments are closed.