A celebración este domingo, 1 de decembro, da 38 edición da Volta á ría- Memorial Adolfo Ros implicará restricións de tráfico en Neda. O Concello activará este domingo un dispositivo de seguridade para evitar incidencia na media maratón, que coorganizan os concellos de Ferrol, Narón, Neda e Fene, ao seu paso pola localidade.
O tráfico na nosa localidade verase afectado, como consecuencia do paso da carreira. E así, haberá restricións entre as 10 e as 11 horas, aproximadamente, tanto na Avenida de Xuvia como na AC-115 (incluídas a Avenida de Alxeciras e Médico Cebreiro).
Nesas dúas vías só estará operativo un dos carrís, permitíndose exclusivamente a circulación en dirección Narón. Inmobilizaranse os vehículos que pretendan circular en dirección contraria.
A Policía Local e ata 17 integrantes da Agrupación de voluntarios de Protección Civil de Neda e a Policía Local velarán nos cruces pola seguridade e o axeitado desenvolvemento da proba deportiva, que contará na súa categoría absoluta con 674 corredores e corredoras.