Domingo, Xaneiro 18

Neda conmemora o Día da Poesía cun recital na Biblioteca municipal

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda súmase este venres, 21 de marzo, á conmemoración de Día Mundial da Poesía. A biblioteca municipal acollerá pola tarde un recital que terá como protagonistas a distintos escritores e escritoras da comarca.

A actividade, que arrincará ás 18.30 horas, contará coa colaboración das poetisas Clara Goás, Inés Pérez García, Rosa Salanova e máis Helga Méndez, e dos poetas Xosé Fernández, Enrique Rodríguez e Xoán García.

Na cita, aberta a toda a veciñanza, leranse poemas destes autores e autoras, que compartirán a súa visión deste xénero literario.

Share.

Comments are closed.