Mércores, Decembro 4

Dez veciñas de Neda fórmanse co Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade para conseguir un traballo

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Un total de dez mulleres de Neda, en situación de desemprego, participan no Programa Integrado de Emprego (PIE), que promove a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol. A iniciativa inclúe unha batería de propostas ao longo do 2024, dirixidas a mellorar as súas posibilidades de inserción laboral.

Dende mediados de marzo, as usuarias, que teñen dereito a unha bolsa por día de asistencia, participaron xa en obradoiros sobre técnicas de busca de emprego, sobre habelencias sociais e de preparación das entrevistas de selección de persoal.

Xunto a esta formación transversal, comezouse a impartir a formación específica, destinada a garantir a súa axeitada cualificación no itinerario que decidiran seguir (nalgún caso máis de un). Así, hai dúas nedenses en limpeza industrial, dúas en  preparación e venda de peixe, dúas en cociña, tres en agricultura ecolóxica e outras dúas en community management (pendente de iniciarse). No PIE, financiado pola administración autonómica e máis polo Servicio Público de Empleo Estatal, tampouco faltarán as prácticas non profesionais.

En paralelo, o equipo técnico do programa desenvolve un labor de prospección para atopar ofertas laborais, axeitadas para os perfís profesionais. O reto, acadar un posto de traballo para cando menos 35 das 100 mulleres desempregadas participantes, algunhas con especiais dificultades de inserción, precedentes das localidades de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Mugardos, Narón, Neda, e Valdoviño.

Share.

Comments are closed.