De Ste Xeito Producións trae este venres a Neda Feminíssimas no marco do ciclo Tempo para o Teatro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O ciclo “Tempo para o Teatro” que promove o Concello de Neda trae esta semana a obra “Feminíssimas” da compañía De Ste Xeito Producións. O espectáculo terá lugar este venres ás 20:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura, e as entradas, ao prezo único de 2 euros, poden adquirirse dende hoxe e ata o mesmo venres -ou completar aforo- na Biblioteca (en horario de 9:00 a 13:00 h e de 16:00 a 20:00 h). Tamén se poden reservar no correo cultura@neda.gal -4 tickets máximo por persoa-.

“Feminíssimas” e unha creación colectiva coa amizade como fondo e o feminismo como forma. Presenta o reencontro de tres amigas da adolescencia nun congreso feminista en Vigo tras anos sen verse. Tres amigas con tres maneiras ben distintas de entender o feminismo. Este é o punto de partida desta creación de Esther F: Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Unha peza teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba e mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres están a con-vivir neste novo mundo feminista. Unha maneira –tamén– de rirse dun/ha mesmo/a, das nosas propias incongruencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo –ademáis– para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía. En resumo: unha comedia negra… moi violeta.

Share.

Comments are closed.