A veciñanza de Santa María trata a estas horas de recuperar a calma mentres fai balance dos numerosísimo danos materiais provocados pola avalancha de auga rexistrada de madrugada. A crecida do río Basteiro por mor das intensas chuvias caídas nas últimas horas derivou en desbordamentos, chegando a provocar a caída dun muro que contiña as augas, o que ocasionou unha inmensa riada que levou por diante canto encontraba.
Efectivos de Protección Civil e operarios de mantemento municipais están a colaborar cos veciños achicando auga das vivendas. O Concello de Neda instalará contedores para facilitar a retirada de mobiliario estragado, e baralla a colocación de big bag de area e grava no lugar que ocupaba o muro, buscando que ante unha crecida do nivel do río, a auga non volva anegar a zona de Santa María e anegar as casas.
A estas horas mantense a situación de alerta. Tamén na zona de As Augas producíronse danos, se ben non revestiron tanta gravidade. E nestes momentos, está cortado o acceso dende O Roxal á pista do Carballal.