O Concello informa do corte do subministro de auga na marxe esquerda, en dirección Fene, do tramo da Avenida de Alxeciras, comprendido entre a Curva do Regueiro e a Avenida Castelao, por mor da rotura esta mañá dunha válvula da rede. Operarios de Viaqua efectúan nestes momentos a reparación urxente da avaría, co fin de solucionar o problema coa maior brevidade posible. Dende o Concello de Neda lamentamos as molestias e rogamos desculpas aos veciños e veciñas da zona.
Corte de auga na Avenida de Alxeciras
Share.