O Concello informa dun corte do subministro de auga que afecta á marxe esquerda, en dirección Fene, do tramo da Avenida de Alxeciras, que discorre entre as rúas Roseira e Piñeiros, así como a esta última vía e á rúa Lagareta, por mor dunha rotura da rede, derivada das obras de acondicionamento das beirarrúas que se están levando a cabo na citada avenida.
Dende Viaqua, cuxos operarios efectúan nestes momentos a reparación de urxencia, sinalan que a avaría quedará solucionada a primeira hora da tarde, e que o subministro se recuperará ás 17 horas. O Concello de Neda lamenta as molestias e prega desculpas aos veciños e veciñas da zona.