Mércores, Abril 23

CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO PARA SELECCIÓN DE PERSOAL TEMPORAL AO ABEIRO DO PROGRAMA PEL-CONCELLOS 2025 DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA.

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Aprobadas pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 10/02/2025, as bases reguladoras do proceso selectivo para cubrir temporalmente 5 prazas de Albaneis, por un período de 5 meses; subvencionada pola Deputación Provincial da Coruña ao abeiro do
Programa PEL-Concellos 2025; e publicada a convocatoria no BOP da Coruña no. 35, do 20/02/2025, ábrese o prazo ata o día 27/02/2025 incluído, para a presentación de solicitudes. As persoas interesadas poden obter o modelo normalizado de solicitude e as bases da
convocatoria, na páxina web do concello http://www.neda.gal, ou ben nas oficinas municipais sitas na Avda. de Algeciras, no. 34, 15510 Neda.
Xunto coa solicitude entregarase a documentación esixida nas bases da convocatoria, así como a precisa para a valoración dos méritos alegados, debéndose acompañar as fotocopias e podéndose requirir os orixinais das mesmas para o seu cotexo.

DESCARGAR DOCUMENTACIÓN

Share.

Comments are closed.