CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO PARA SELECCIÓN DE PERSOAL TEMPORAL AO ABEIRO DO PROGRAMA PEL-CONCELLOS 2024 DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Aprobadas pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 14/02/2024, as bases reguladoras do proceso selectivo para cubrir temporalmente 5 prazas de Albaneis, por un período de 5 meses; subvencionada pola Deputación Provincial da Coruña ao abeiro do Programa PEL-Concellos 2024; e publicada a convocatoria no BOP da Coruña nº. 37, do 21/02/2024, ábrese o prazo ata o día 28/02/2024 incluído, para a presentación de solicitudes.

As persoas interesadas poden obter o modelo normalizado de solicitude e as bases da convocatoria, na páxina web do concello http://www.neda.gal, ou ben nas oficinas municipais sitas na Avda. de Algeciras, nº. 34, 15510 Neda.

Xunto coa solicitude entregarase a documentación esixida nas bases da convocatoria, así como a precisa para a valoración dos méritos alegados, debéndose acompañar as fotocopias e presentar os orixinais das mesmas para o seu cotexo.

Bases

Anuncio

Instancia

Share.

Comments are closed.