Venres, Novembro 13

Convocado un minuto de silencio polas vítimas da traxedia ferroviaria de Urda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda convida á veciñanza a participar esta tarde, a partir das 20:00 horas, diante da Casa Consistorial, no minuto de silencio convocado en memoria das vítimas polo accidente ferroviario que tivo lugar hoxe en Urda, na provincia de Toledo. A administración local súmase así á convocatoria realizada pola FEMP, e traslada o seu pesar ás familias e amizades das persoas falecidas, e agradece o labor dos servizos de emerxencia que están traballando na zona.

Share.

Comments are closed.