Martes, Decembro 3

Contos para educar na igualdade e na diversidade con Juan Juste, este xoves na Casa da Cultura de Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Casa da Cultura de Neda acollerá este xoves 25 de novembro o espectáculo “Non hai cousas de nenos ou de nenas: só de persoas”, de Juan Juste. Dirixido a nenos e nenas a partir de 5 anos, a obra dará comezo ás 18,30 horas, e nela amosarase todo un universo repleto de historias sinxelas pero ricas en sentimentos e ensinanzas.

Esta montaxe narra e interpreta contos para educar na igualdade e na diversidade. O eixo central das historias é a fada Menta, personaxe do “Libro das emocións para nenas e nenos”, da autora Gemma Lienas, e a técnica utilizada para a representación son os despregables Pop-Up.

A cita inclúese no programa Lesme un conto?, así como nos actos para conmemorar o Día para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Con entrada gratuíta, é preciso inscribirse previamente na actividade a partir de hoxe no teléfono 981 39  02 33 (en horario de 9 a 13 e de 16 a 20 h).

Share.

Comments are closed.