Concerto de Nadal este venres en Neda con Cristian Leggiero e Paty Lesta

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Casa da Cultura de Neda acollerá este venres 17 de decembro o Concerto de Nadal. A cita, co apoio da Deputación a través da Rede Cultural, dará comezo ás 20,30 horas, e contará cun dúo de luxo: o pianista Cristian Leggiero e a cantante Paty Lesta. Con entrada ao prezo de 2 euros, pódese reservar entrada chamando ao 981 39 02 33 ata o venres ou completar aforo en horario de 9 a 13 e de 16 a 20 h.

Cunha longa traxectoria profesional, Cristian e Paty propoñen un repertorio do máis variado, con temas de Leonard Cohen, Il Divo, The Beatles, Bruno Mars ou clásicos do góspel e boleros.

Share.

Comments are closed.