Concerto de Nadal en Neda coa Agrupación Musical Lucero del Alba e o dúo de piano e canto formado por Álex Armán e Irene García

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda celebrará o vindeiro venres 16 de decembro o seu tradicional Concerto de Nadal, e a partir deste luns, día 12, as persoas interesadas en asistir poderán retirar os seus convites na Biblioteca Municipal en horario de 9 a 13 horas e de 16 a 20 horas, ou reservar entrada a través do correo cultura@neda.gal.

A Agrupación Musical Lucero del Alba inaugurará o recital na Casa da Cultura a partir das 19:30 horas cun repertorio eminentemente navideño, e trala súa actuación, tomarán o relevo Álex Armán e Irene García para ofrecer un concerto de piano e canto.

Share.

Comments are closed.