Concello e Deputación abordan as obras de renovación das redes de abastecemento de auga e saneamento da rúa Xerardo Luaces

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A renovación completa das redes de abastecemento de auga e saneamento na rúa Xerardo Luaces e no Carreiro constitúe unha necesidade e prioridade a partes iguais. No segundo caso, as obras levaranse a cabo este ano con cargo ao Plan Complementario da Deputación, cun investimento cercano aos 62.000 euros. No segundo, co proxecto redactado e un orzamento estimado de 180.000 euros, o Concello busca recabar o apoio económico da mesma administración para poder afrontalo. Nesta liña, o alcalde, Ángel Alvariño, e o presidente provincial, Valentín González Formoso, mantiñan a semana pasada unha xuntanza de traballo con visita posterior á rúa Xerardo Luaces, susceptible da intervención.

Na mesma, o rexidor trasladaba ao presidente provincial a urxente necesidade de acometer as obras, xa que as canalizacións actuais, moi antigas e deterioradas polo paso do tempo, derivan en continuas roturas, obrigando a constantes reparacións e desembolsos económicos que tan só resultan parches para a situación. Ao respecto, González Formoso avanzou a súa intención de colaborar nesta actuación coa que se garantirá o acceso a uns servizos básicos de calidade por parte da veciñanza, valorando a forma do convenio de colaboración para facelo.

Así mesmo, o alcalde tamén tratou co presidente a próxima execución dunha terceira actuación na zona de influencia desta rúa, que permitirá mellorar a seguridade vial no ámbito do centro de saúde e Mourela Alta. Obras na rede viaria que, cun orzamento de 71.000 euros, tamén se financiarán este ano con cargo ao Plan Único da Deputación.

 

Share.

Comments are closed.