Domingo, Decembro 8

Completado o acondicionamento da baixada peonil dende a AC-115 ata a rúa Toeleira

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda vén de rematar os traballos de acondicionamento da baixada peonil dende a AC-115 ata a rúa Toeleira. A cuadrilla municipal de albaneis, activada coas axudas provinciais do PEL Concellos, transformou o antigo atallo que discorría polo terraplén existente entra ambas vías nun acceso seguro, ademais de mellorar esta contorna urbana.

A veciñanza dispón por fin dun acceso en condicións para baixar dende a estrada xeral ata esta pequena rúa que desemboca nas proximidades do paseo marítimo de Xuvia. A conexión conta con dous tramos de escaleira unidos por unha rampla central, e cos correspondentes pasamáns para facilitar o uso dunha forma máis cómoda.

A intervención incluíu ademais a habilitación dunha pequena zona de descanso e parada, dotada de mobiliario urbano, no punto no que acaba a escaleira. E completouse coa mellora da fonte existente na zona.

 

Share.

Comments are closed.