Os concellos de Fene, Ferrol, Narón e Neda celebran este domingo 11 de decembro o XXXVI Memorial Adolfo Ros Volta á Ría, na que confirmaron a súa participación 779 atletas nas diferentes categorías. Baixo a organización este ano de Fene, a carreira partirá ás 10:00 horas da Avenida do Mar de San Valentín, xunto ao pavillón da Xunqueira.
Discurrirá polos seguintes puntos: Fene (Avenida das Pías); Ferrol (Avenida das Pías, Avenida do Mar, Rúa Telleiras, Avenida de Esteiro, Estrada de Caranza; Avenida Mac Mahón, Rúa Taxoneira, Rúa dos Irmandiños, Praza de Galicia, Rúa Concepción Arenal, Rúa Real; Praza de España; rúa Carvalho Calero; Estrada de Castela); Narón (Ponte das Cabras; Estrada de Castela; Rotonda de Freixeiro; Estrada de Castela); Neda (Ponte de Xubia; Avenida de Xubia; Avenida de Alxeciras; Puntal), e Fene (Avenida de Conces; Cruce Igrexa; Avenida das Pías; San Valentín; Avenida do Mar).
A carreira está incluída no calendario da Federación Galega de Atletismo, e o percorrido será de media maratón, duns 21 kms sobre asfalto.