Cita co Apalpador o mércores 22 de decembro en Neda

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Apalpador visitará Neda o próximo mércores 22 de decembro. Convidado pola Asociación Semente de Trasancos e o Concello, chegará sobre as 17 horas á Avenida Castelao para iniciar un percorrido que o levará pola rúa Xeneral Morgado, rúa Real e Santa María, con destino á Casa das Palmeiras. Alí, sobre as 18 horas, conversará cos nenos e nenas e entregaralles un pequeno agasallo.

Ademais, a partir desa hora, celebrarase un obradoiro de chapas do Apalpador, dirixido aos máis pequenos e pequenas da casa. A participación é gratuíta, pero é preciso inscribirse previamente chamando ao teléfono 981 39 02 33 de luns a venres en horario de 9 a 13 e de 16 a 20 h.

Share.

Comments are closed.