Mércores, Setembro 22

Cine nocturno este martes coa proxección da comedia “Cuñados” no adro da igrexa de Santa María

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O adro da igrexa de Santa María acollerá mañá martes a proxección do filme “Cuñados”. Unha divertidísima comedia protagonizada por Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez Rey. Será a partir das 21,30 horas, nunha proposta incluída no programa deseñado para celebrar as festas patronais de Santa María. Dado que as prazas son limitadas, o Concello de Neda abría hoxe o prazo de inscrición a través do teléfono 981 39 02 33 (hoxe en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas e mañá martes de 10 a 14 h).

Así mesmo, e en caso de choiva, o pase trasladarase á pista deportiva do Roxal.

Share.

Comments are closed.