Cine nocturno ao aire libre o próximo xoves na rúa Real co pase de “A illa das mentiras”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O ciclo de cine ao aire libre “Cinema visións” que organiza o Concello de Neda continuará a vindeira semana co pase do filme “A illa das mentiras”. Celebrarase nesta ocasión na rúa Real, a partir das 22 horas, e o prazo para reservar asento abrirase este luns chamando ao 981 39 02 33 en horario de 10 a 14 h (ata o mércores ou completar aforo).

O filme, dirixido pola cineasta Paula Cons e con guión desta e de Luis Marías, está protagonizado por Nerea Barros, Victoria Teijeiro, Ana Oca, Aitor Luna e Darío Grandinetti, e aborda a historia ficcionada de tres mozas que arriscaron a súa vida para salvar aos supervivintes do naufraxio do Santa Isabel na illa de Sálvora.

Share.

Comments are closed.