Mércores, Febreiro 11

Charla sobre resolución de conflitos para familias con menores dos concellos de Neda, Fene e Mugardos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

No marco do programa “Máis que un teito”, que impulsan os concellos de Neda, Fene e Mugardos, co apoio da Xunta, organízase o luns 8 de maio, ás 18.30 horas, unha “Xornada de familias sobre resolución de conflitos”.  Será unha sesión divulgativa con claves útiles para mellorar a convivencia no ámbito do fogar.

Na charla, impartida pola psicóloga e educadora de disciplina positiva, Andrea Bechlian, falarase, entre outras cousas, da relación, non sempre sinxela, entre pais, nais e fillos/as, e ofreceranse pautas para previr comportamentos conflitivos dentro do fogar e para abordar, “dende a educación emocional e a comunicación non violenta” os problemas que poidan xurdir.

A actividade terá lugar na Casa de Cultura de Fene e estará especialmente orientada ás familias do alumnado dos centros educativos dos tres municipios promotores, aínda que poderá participar calquera veciño que estea interesado. Para participar, cómpre anotarse ata o 5 de maio, chamando aos teléfonos 981342607-981492706 (Centro municipal fenés de Servizos Sociais) ou enviando a folla de inscrición que se pode descargar na web municipal ao mail servizos.sociais@fene.gal. As prazas cubriranse por orde de inscrición ata completar aforo.

 

Share.

Comments are closed.