Martes, Decembro 3

Neda acolle o próximo mércores unha charla para achegar os servizos en liña da Administración xeral do Estado

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Neda acollerá o mércores 4 de decembro, a partir das 11 horas, na Casa da Cultura, unha nova charla informativa do programa “La Administración cerca de ti”, que impulsa o Ministerio de Política Territorial, para informar sobre os servizos en liña que ofrece a Administración xeral do Estado e resolver dúbidas sobre os más habituais. Ademais, a iniciativa busca facilitar á veciñanza a obtención de medios de identificación e firma electrónica que permitan acceder aos servizos públicos sen ter que desprazarse.

Funcionarios da Subdelegación do Goberno na Coruña serán os encargados de impartir esta charla na que se abordarán as múltiples posibilidades e ferramentas que proporciona a Administración electrónica, prestando especial atención a aqueles trámites e xestións que resultan máis frecuentes. O obxectivo último é propiciar un mellor aproveitamento da Administración por parte dos veciños, e contribuír a combater a fenda dixital.

Así, unha vez finalizada a parte divulgativa, ofrecerase ás persoas asistentes a posibilidade de obter, sen necesidade de achegarse para acreditar a identidade ás oficinas da Seguridade Social ou da Axencia Tributaria, o certificado electrónico que expide a Fábrica Nacional de Moneda y Timbre, que permite realizar trámites sen saír da casa con calquera administración pública. Cómpre, iso si, que leven o DNI, e que dispoñan de correo electrónico.

Share.

Comments are closed.