Charla informativa sobre o plan de mellora das paradas de autobús e a súa incidencia nas propiedades privadas da súa área de influencia

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda celebrará unha charla informativa sobre o Plan de Mellora da Seguridade e Accesibilidade das paradas de autobús que promove a Xunta de Galicia nas estradas autonómicas e que contempla 32 intervencións no noso municipio, coa afectación de propiedades privadas. A charla, que terá lugar este mércores 25 de xaneiro ás 19:30 h na Casa das Palmeiras, correrá por conta do arquitecto municipal, e está dirixida á veciñanza.

O proxecto está hoxe en fase de información pública, co que veciños e veciñas están en tempo de presentar as súas alegacións en caso de consideralo conveniente.

Segundo avanzou no seu día a Xunta na presentación do proxecto, o obxectivo das intervencións previstas é reforzar a seguridade, mellorar o equipamento das paradas e favorecer a mobilidade e a accesibilidade na súa contorna, especialmente das persoas con dificultades de mobilidade, executándose ramplas de acceso e dotando ás contornas de pavimento pododáctil. Tamén se favorecerá a conectividade das paradas coa construción de beirarrúas e sendas peonís, e se mellorará o seu equipamento.

Share.

Comments are closed.