Convocan unha charla para ensinar ás familias de Neda, Fene e Mugardos a conectar cun fillo ou filla adolescente

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Volve, un curso máis, o programa de prevención de condutas adictivas “Mais que un teito”, que desenvolven os Concellos de Fene, Mugardos e Neda. E faino cunha charla para familias e Anpas, que leva por título “Preadolescencia e adolescencia: entender para poder conectar”, para a que se abre inscrición.

A actividade, conducida pola psicóloga e educadora de disciplina positiva Andrea Bechlian,  terá lugar o vindeiro luns, 17 de marzo, a partir das 18.30 horas, na Casa da Cultura de Fene. O obxectivo, “sensibilizar, mellorar e complementar a información sobre a prevención familiar de maneira precisa e axeitada”. Desta forma, búscase evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables e tendo en conta a perspectiva da igualdade de xénero.

As inscricións, abertas ata este venres, poden realizarse a través do enderezo electrónico servizos.sociais@fene.gal, achegando cuberta a ficha de inscrición, que se pode descargar aquí ou ben a través dos teléfonos 981342607 – 981492706.

A veciñanza de Neda pode obter información adicional sobre o programa, contactando co servizo municipal de educación familiar (981 390233). As prazas cubriranse por orde de inscrición ata completar o aforo.

Ficha inscrición CHARLA FAMILIAS ADOLESCENTES

Share.

Comments are closed.