Martes, Decembro 3

Cen estudantes de infantil e de primaria participarán este domingo na “Carreira escolar Concello de Neda”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Cifra redonda. Un total de 100 nenos e nenas inscribíronse para participar este domingo, 18 de xuño, na “VI Carreira Escolar Concello de Neda”. A proba, que dará comezo ás 11 horas, desenvolverase na contorna da pista polideportiva de Subarreiros.

Dirixida a menores de entre 4 e 12 anos, a competición incluirá as categorías biberón, prebenxamíns, benxamíns e alevíns, que terán que completar unha distancia de 50 metros, 300, 600 e 900 metros, respectivamente.

O alumnado dos colexios locais será o gran protagonista da proba, coa que o Concello trata de impulsar a práctica do atletismo entre os máis pequenos do municipio. Así, máis do 90 % dos corredores e das corredoras serán estudantes do CEIP do Maciñeira e do CEIP San Isidro. A eles e elas sumaranse participantes doutros centros educativos da comarca como o CPI O Feal, os CEIP A Gándara e Ponzos ou o CPR Plurilingüe Valle Inclán 1.

Lembran dende o servizo de Deportes que a entrega de dorsais terá lugar entre as 10 e as 10.45 horas. O Concello recuperaba o pasado ano a carreira tras o parón, a causa da pandemia, co obxectivo de crear afección por esta disciplina deportiva e fomentar a convivencia entre o alumnado nedense.

 

Share.

Comments are closed.