O Concello de Neda informa da cancelación, debido ao mal tempo que se rexistra, da Festa fin de verán, que estaba programada para este xoves pola tarde, a partir das 15.30 horas, na piscina municipal.
As persoas que mercaran, de forma anticipada, a súa entrada, devolveráselles o diñeiro na propia instalación deportiva, que pechará as súas portas ata o próximo verán o domingo 4 de setembro. O Concello lamenta as molestias causadas.