Cambios na programación da primeira xornada do Entroido 2026

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda informa de cambios na programación desta primeira xornada do entroido por mor do mal tempo. Así, suspéndese o desfile de comparsas previsto para a tarde deste venres polas rúas de Neda. O tradicional festival arrancará finalmente ás 20:00 horas no pavillón municipal Ale de Paz, onde xa está a exposición o Meco do 2026, unha obra do artista local Carlos García.

En paralelo ao certame de comparsas, que estará presentado polo Dúo Estrellas, desenvolverase, tal e como estaba previsto, o concurso e baile de disfraces. En xogo, nove cestas de produtos de carnaval (tres por categoría: individual, parella e grupo).

Share.

Comments are closed.