Como é tradición, os Reis Magos de Oriente veñen de enviar a Neda o seu Buzón Real. Dende hoxe e ata o 3 de xaneiro, os máis pequenos da casa poderán deixar as cartas, coas peticións de regalos, para as Súas Maxestades na Casa do Concello. Os paxes reais encargaranse de recoller a correspondencia manuscrita.
A iniciativa trata de facilitar o traballo de Melchor, Gaspar e Baltasar, cuxa actividade se intensifica estes días, para que poidan coñecer a tempo as peticións e desexos dos nenos e nenas nedenses. O Concello aposta desta forma por manter viva unha tradición que reúne ilusión e participación cidadá.
A instalación do Buzón Real e a acendido da iluminación ornamental, previsto para este venres pola noita, marcarán o arranque da celebración do Nadal en Neda. Unhas datas nas que, como sempre, o público infantil será o gran protagonista.