Alumnado universitario, de FP ou de bacharelato de Neda poderá optar a axudas municipais de transporte

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda convoca axudas, en concorrencia competitiva, para colaborar coas familias con recursos económicos máis axustados  do municipio nos gastos derivados do transporte do alumnado matriculado no curso 2024-2025 en centros universitarios, ciclos formativos de formación profesional, bacharelato, e outros cursos de formación ocupacional que habiliten para o desempeño dunha profesión ou oficio.

Serán requisitos para solicita esta bolsa, ademais de estar matriculado/a para cursas os estudos sinalados, o empadroamento no municipio cunha antigüidade mínima de seis meses, estar ao corrente das obrigas tributarias municipais e pertencer a unha familia cunha renda per cápita mensual non superior a 400 euros.

As subvencións repartiranse entre as persoas beneficiarias ata esgotar os 2.000 euros do orzamento da convocatoria e “sen que en ningún caso o importe das axudas poda exceder da cantidade de 600 euros”.

O prazo para solicitar as axudas  e presentar a documentación correspondente no rexistro xeral da Casa Consistorial arranca este sábado e concluirá o 24 de outubro.

Extracto Convocatoria de axudas para o transporte universitario-FP- Bacharelato

BASES REGULADORAS AXUDAS TRANSPORTE_CASTELLANO

BASES REGULADORAS AXUDAS TRANSPORTE_GALEGO

Modelo de solicitude da axuda de transporte- word

Modelo de solicitude da axuda de transporte -pdf

Modelo de xustificación da axuda de transporte

Modelo de xustificación transporte- pdf

Share.

Comments are closed.