Martes, Decembro 3

Neda manterá aberto todo o ano o prazo de solicitude das súas axudas de natalidade

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda lembra que mantén aberto durante todo o 2024 o programa de axudas de natalidade, dirixido a familias que inscriban no padrón municipal aos seus fillos/as nacidos, adoptados ou acollidos ao longo do ano. Trátase dunha subvención de pago único por importe de 300 euros ou de 600 euros, no caso de menores con discapacidade.

No que vai de ano, concedéronse xa 16 axudas económicas deste tipo (tres máis que durante todo o 2023), coas que o Concello colabora nos innumerables gastos que ocasiona a ampliación da familia coa chegada dun bebé ou doutro menor.

Apuntan dende os Servizos Sociais que teñen dereito a este apoio económico os pais/nais, empadroados no municipio, que o soliciten no prazo de tres meses dende o nacemento, ou a notificación da resolución xudicial ou administrativa de acollemento ou adopción.

Tamén é requisito indispensable para beneficiarse que os proxenitores asinen o compromiso de manter o empadroamento en Neda durante un período mínimo de catro anos. Deste modo, o Concello busca contribuír a fixar poboación nova no municipio.

 

Share.

Comments are closed.