As compañías A Quinta do Cuadrante e Incendiaria traen a Neda e a súa obra “A lúa vai encuberta”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

As compañías A Quinta do Cuadrante e Incendiaria traen este sábado 11 de febreiro a Neda “A lúa vai encuberta”, un espectáculo de teatro contemporáneo arredor da realidade galega e da loita incesante por conformar unha identidade propia. A función está programada para as 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura, e as entradas están xa á venda, ao prezo único de 2 euros, na Biblioteca Municipal -ata o venres de 9 a 13 e de 16 a 20 horas, ou o mesmo sábado, dende unha hora antes do inicio da obra-.

A obra, baseada nun texto de Manuel María, está dirixida por Tito Asorey, e conta no seu elenco con Melania Cruz, Davide González, Vanesa Sotelo e o propio Asorey. Gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais impulsado pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos, foi finalista ao Mellor Espectáculo nos XXVI Premios de Teatro María Casares.

O Concello reprograma así unha obra incluída inicialmente no ciclo municipal Tempo para o Teatro, pero que no seu día se viu obligado a aplazar por causa de forza maior.

Share.

Comments are closed.