Arrancan as obras de mellora dos camiños no Empedrón cun investimento de 30.000 euros

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Neda vén de iniciar os traballos de acondicionamento de tres camiños no Empedrón nos que investirá algo máis de 30.000 euros con cargo ao POS+ Adicional da Deputación da Coruña. A empresa Arias Infraestructuras, adxudicataria do contrato tralo concurso aberto pola Administración local, arrancaba a actuación coa limpeza de cunetas.

A intervención contempla a pavimentación do camiño de baixada da AC-115 a Empedrón; o camiño de Empedrón dende o IES Fernando Esquío ata a AC-115, e o camiño do Empedrón dende o instituto ata a ribeira do Xuvia.

Share.

Comments are closed.