Arrancan os traballos de acondicionamento do camiño dos Foxos ata o lugar de Corredoira, de acceso ó cemiterio de Anca. Unha intervención que executa o Concello de Neda con cargo ó Plan de Mellora de Camiños Municipais de Agader -PEIM-, na anualidade 2022-23.
A empresa Canarga iniciaba esta semana a intervención cos traballos de limpeza de cunetas, e nas próximas xornadas realizarase o rebacheo dos puntos máis deteriorados do vial para, posteriormente, proceder ó seu aglomerado.
Na actuación, que se levará a cabo nun treito de 1.002 metros, o Concello investirá 42.030 euros, e permitirá mellorar o estado do camiño, moi deteriorado polo intenso tráfico rodado que soporta, reforzando así a seguridade de peóns e condutores.