A Xunta de goberno local aprobou na súa reunión do luns 28 de setembro a listaxe definitiva das persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para a creación dunha lista de persoal aspirante a funcionario interino e/ou persoal laboral e/ou programas específicos das prazas de oficial mantemento – conserxe ou oficial de mantemento. O acordo municipal nomea ademais aos integrantes do tribunal avaliador, e fixa a data do primeiro exercicio (test). Será o xoves 8 de outubro, a partir das 12:00 horas, no Centro cívico de Neda.
Consulta aquí o anuncio oficial