Aprobadas as bases para a selección, mediante concurso, de traballador social a tempo parcial como funcionario interino

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Xunta de Goberno Local aprobaba na sesión celebrada o luns 23 de marzo as bases e a convocatoria do proceso para a selección, con carácter urxente, dun traballador/a social como funcionario interino por programa, mediante concurso, a tempo parcial (media xornada).

A medida adoptábase ao quedar vacante a praza, tras o cese voluntario da profesional nomeada para esa praza, e estar esgotada a bolsa de traballo creada hai catro anos.

O prazo de presentación de instancias será de TRES días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, é dicir, finalizará o luns 6 de abril. As bases da convocatoria e o modelo normalizado de solicitude poden descargarse baixo estas liñas:

Anuncio da CONVOCATORIA

Certificación do acordo da Xunta de Goberno local aprobando as BASES DO PROCESO SELECTIVO

Publicación das bases e da convocatoria no BOP

Anuncio apertura prazo de presentación de solicitudes

Modelo normalizado de instancia (Anexo I)

Declaración responsable (Anexo II)

 

Share.

Comments are closed.