A Xunta de Goberno do Concello de Neda aprobaba na súa reunión do pasado luns as bases reguladoras do procedemento selectivo para a contratación de 4 albaneis, en situación de desemprego, ao abeiro do Programa PEL-Concellos 2026, que subvenciona a Deputación da Coruña. Trátase de contratación a tempo parcial por un período de seis meses.
O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (16 de marzo do 2026).
Xunto coa solicitude, as persoas interesadas deberán entregar a documentación esixida nas bases, así como a precisa para a valoración dos méritos alegados.
Anuncio aprobación bases reguladoras do PEL- Concellos 2026
Bases da convocatoria do proceso selectivo
Anuncio publicación da convocatoria