Domingo, Agosto 16

Aprobada a relación de aspirantes admitidos e excluídos para a creación da lista de emprego para a cobertura de prazas de oficial de mantemento – conserxe

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Xunta de Goberno local aprobaba este luns a relación provisional de persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo para a creación dunha lista de persoal aspirante a funcionario/a interino/a e/ou de persoal laboral e/ou programas específicos das prazas de oficial mantemento – conserxe ou oficial mantemento.

As 13 persoas aspirantes excluídas provisionalmente teñen un prazo ampliado de dez días hábiles (contados a partir desta publicación) para emendar a documentación presentada. Se transcorrido este prazo non xustifican o seu dereito a admisión serán excluídas definitivamente do proceso selectivo.

O Concello adianta como posible data do exame “a partir da segunda quincena de setembro”.

Anuncio relación provisional persoas admitidas para lista oficial mantemento-conserxe

Share.

Comments are closed.