A Xunta de Goberno Local aprobaba, por unanimidade, este luns, 30 de marzo, a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo convocado para a contratación laboral temporal durante seis meses de catro albaneis, ao abeiro do programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2026.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 3 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión ou a omisión.